A concellaría de Promoción Económica e Emprego e Obra Social Caixa Galicia apoian aos emprendedores no marco do Programa de M

A concellaría de Promoción Económica e Emprego e Obra Social Caixa Galicia apoian aos emprendedores no marco do Programa de M

07/04/2009

O convenio establece o desenvolvemento de diversas accións, entre as que destaca o asesoramento empresarial e apoio na tramitación de solicitudes de microcrédito para aquelas persoas que participen nos programas de actividades propias do Servizo de Promoción Económica e Emprego e conten con proxectos viables de autoemprego, de creación de pequenas empresas ou ben con empresas xa creadas que estean en fase de consolidación.


Ademais establece a colaboración na formación en materia de autoemprego a través do curso "Cómo elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito", con contidos prácticos relacionados coa creación de empresas e dirixido ás persoas emprendedoras cunha idea de negocio que precisen financiamento.


O Convenio de Colaboración inclúe unha serie de actividades conxuntas entre as dúas entidades que establecerán un mecanismo operativo, no que se comprometen a efectuar un seguimento das persoas participantes no curso así como das persoas que sexan derivadas ao Servizo de Asesoramento Empresarial de Caixa Galicia e dos proxectos postos en marcha unha vez que as empresas sexan creadas.


Para o seguimento e a avaliación das empresas creadas, constituirase unha comisión mixta composta por dous representantes do Concello da Coruña e dous de Caixa Galicia que realizarán a coordinación e avaliación das accións incluídas no convenio.

 

"Como elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito?"


O convenio inclúe a realización dun curso de formación "Cómo elaborar un plan de empresa para solicitar un microcrédito" no que se ofrecerán contidos prácticos relacionados coa creación de empresas e dirixido a persoas emprendedoras cunha idea de negocio que precisen financiamento.


Estas persoas que participen no curso e teñan unha idea empresarial viable, poderán recibir asesoramento personalizado para elaborar o seu Plan de Empresa. Ao finalizar a elaboración do Plan de Empresa poderán presentar a sua solicitude de microcrédito a Caixa Galicia.


O curso terá lugar os días 22, 23, 29 e 30 de abril en horario de 17.00 a 21.00 horas. Ten unha duración de 16 horas e realizarase no Centro Municipal de Emprego (Estrada dos Fortes s/n).


Todas as persoas interesadas en inscribirse poden facelo no propio Centro Municipal de Emprego (Estrada dos Fortes s/n), chamando ao teléfono 981 184 399, enviando un mail ao enderezo emprego@coruna.es ou a través da páxina web www.coruna.es/emprego.


Volver al Listado de Noticias