María Nava Castro Domínguez, nova Directora Xeral de Comercio

María Nava Castro Domínguez, nova Directora Xeral de Comercio

11/05/2009

En concreto, designou á deputada nacional e tenente de alcalde de Ponteareas, María Nava Castro Domínguez, como nova Directora Xeral de Comercio, un dos departamentos máis importantes da nova Consellería de Economía e Industria que dirixe o vigués Javier Guerra, tamén ex deputado.


              A nova directoral xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria naceu en Ponteareas. É licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid. Conta, ademais, con diversos másteres sobre Estudos Turísticos, Emigración e Retorno, Desenvolvemento Económico e Xestión de Programas, Dirección de pequenas e medianas empresas ou Xestión de Servizos Sociais. Foi alcaldesa de Ponteareas desde 2000 a 2003. A partir dese ano é concelleira de Servizos Sociais e tenente de alcalde, ademais de deputada no Congreso. Tamén foi deputada no Pazo do Hórreo.


              – ¿Cómo valora o seu nomeamento?


              – Asúmoo con gran responsabilidade e con satisfacción polo feito de que quixeran contar comigo. Costoume decidir, porque a política local me gusta. Agora terei que afrontar retos novos e o que quero é non defraudar esa confianza, sobre todo nunha época de crise. Xa renunciei á acta de concelleira e de deputada. Vaime resultar fácil traballar co conselleiro, porque é unha persoa totalmente competente á que coñeco hai moito.

Volver al Listado de Noticias