ATA-Galicia se reúne con la Conselleira de Traballo

10/07/2009

É claro, que a situación dos autónomos é dramática, tanto para a Conselleira como para ATA e UPTA, xa que estamos a padecer con crudeza unha crise que non provocamos. Chegamos a unha situación límite na que non vendemos, non producimos, pacemos a asfixia financeira, soportamos máis ca ninguén a falta de liquidez e estamos afogados polas cargas fiscais, polo peso das cotizacións e pola enorme morosidade, tanto pública coma privada... Todo isto provocou que, nos últimos cinco primeiros meses de este ano, perdéranse 3.743 autónomos, o que significa que diariamente pechan 30 empresas en Galicia, preto de 6.000 no ano 2008.


Por todo isto, solicítase a inmediata creación da Mesa do Traballo Autónomo, na que se plantexarán non só os problemas coxunturais nos que nos atopamos os emprendedores, senón as respostas a curto e longo prazo, de man das asociacións representativas do sector. Ante esta proposta, Dna. Beatriz Mato, asegurou que non se demorará máis esta Mesa de Traballo xa que “ é fundamental para que o autónomo deixe por fin de ser o grande esquecido, e para que deixe de destruirse o emprego autónomo desta forma brutal”.


Dende a Consellería de Traballo, según comenta Dna. Beatriz Mato, abógase polas políticas activas, é dicir, pola creación de emprego, incentivar a contratación, ... có que Rafael Granados coincide totalmente.


Dende ATA, tamén se lle solicita á Conselleira, a revisión no reparto da formación, xa que fronte ós 110,00€ anuais que se destinan á formación dun asalariado, ó autónomo apenas lle chegan 20,00€. Por isto é fundamental equilibrar esta partida, xa que “a formación é unha ferramenta clave para millorar na competitividade no mercado”, según comenta Granados.


Queremos, xa para rematar, agradecerlle unha vez mais á Conselleira, a súa atención, o seu coñecemento da nosa situación, e por suposto o seu traballo na consecución de mellorar esta situación insostible que hay que salvar con todos os nosos esforzos. O primeiro paso neste reencontro, será a creación da Mesa do Traballo Autónomo.


Volver al Listado de Noticias