Rebaixas de verán no comercio galego

10/07/2009

Especialmente nos sectores de téxtil e calzado, os comerciantes agardan remontar en parte nas rebaixas esta situación e sacar ao mercado o crecente stock dos seus almacéns. Para iso, a redución dos prezos comeza a principios da tempada con descontos de entre o 30 e o 40%, podendo superar o 60% ao finalizar o mesmo.

Os comercios poderán desenvolver as rebaixas de verán entre o 1 de xullo e o 30 de setembro, durante un mínimo de unha semana e un máximo de dous meses.

Entre as recomendacións básicas a seguir neste período cabe destacar a de anunciar as rebaixas mediante carteis fixados nun lugar visible do establecemento indicando as datas de vixencia das mesmas; etiquetar correctamente os artigos marcando o prezo anterior e o prezo rebaixado ou a porcentaxe de redución aplicada; ter os artigos á venda con prezo ordinario a lo menos durante un mes antes; anunciar visiblemente a través dun cartel a decisión de non aceptar tarxetas ou a devolución de artigos durante as rebaixas; entre outras.

Recomendacións basicas

CIRCULAR INFORMATIVA REBAIXAS DE VERÁN
 
Con motivo da chegada do período de  REBAIXAS DE VERÁN, a  FEDERACIÓN GALEGA DE COMERCIO  informa que  entre o  1 de xullo e o 30 de setembro (ambos incluídos), cada comerciante poderá fixar libremente as datas que considere máis
oportunas para desenvolver dito tipo de vendas, debendo ser durante un período continuo de como mínimo unha semana e como máximo dous meses.
 
  Convén lembrar as seguintes RECOMENDACIÓNS para esta tempada:
 
►Anunciar as rebaixas mediante carteis fixados nos establecementos. Estos carteis deben ser perfectamente visibles dende o exterior, aínda cando o establecemento estea pechado, e neles deberá constar claramente o período de vixencia das rebaixas. No caso de reducir o prezo de todos os artigos nunha mesma porcentaxe, dito desconto poderá ser incluído no cartel anunciador das rebaixas.
 
►Etiquetar os artigos de forma que se mostre de forma ben visible o prezo anterior e o prezo rebaixado de cada artigo. En substitución deste último, pode expresarse a porcentaxe de redución do prezo de cada artigo ou dun conxunto de artigos
perfectamente identificados.
 
►Non poderán ser obxecto de rebaixas aqueles produtos deteriorados ou adquiridos expresamente para tal finalidade, nin tampouco aqueles artigos que non foran postos á venda con anterioridade.
 

► Nun mesmo establecemento comercial,  non poderán realizarse ao mesmo tempo vendas de saldos e vendas de rebaixas.
 
► No caso de non admitir o pago con tarxetas en período de rebaixas, deberá publicitarse claramente e nun lugar visible  esta circunstancia, mediante cartel anunciador no que se indique: “Non se admiten tarxetas como medio de pago”. Neste caso, toda referencia ás tarxetas como medio de pago no establecemento deberá ocultarse para o público.
 
►A admisión de devolución de artigos con carácter xeral é decisión unilateral do comerciante. No caso de non admitir devolución de artigos é recomendable publicitalo mediante o cartel xenérico: “Non se admiten devolucións”.
 
►A redución de prezos terá que afectar polo menos ao 50% da mercancía do local. Os artigos non rebaixados deberán de estar suficientemente separados e diferenciados dos rebaixados para non confundir ao cliente.
 
►Lembrar que a venda en rebaixas fora do período indicado e sen ter en conta as recomendacións sinaladas, pode dar lugar á apertura de expedientes sancionadores por parte da Consellería de Economía e Industria.
 
•  Se desexan recibir máis información poden dirixirse á Federación Galega de Comercio (Ronda da Muralla, 52, Ent. Dta. Lugo. Tel. 982. 255. 120). 

 

Volver al Listado de Noticias