AXUDAS E SUBVENCIÓNS.- Programa para a promoción do emprego autónomo

31/03/2011

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

No marco establecido no artigo 40º da Constitución Española; na Lei 56/2003, do 16 de decembro, de emprego; nos artigos 29º e 30º do Estatuto de autonomía de Galicia; e nos obxectivos de crecemento e emprego da Unión Europea, conforme a extratexia europea de emprego, e co obxectivo de que a Comunidade Autónoma de Galicia acade uns maiores niveis de desenvolvemento económico, de calidade no emprego, de benestar social e de cohesión no territorio, é preciso adoptar políticas que promovan un modelo de desenvolvemento económico que favoreza a capacidade creativa e emprendedora da sociedade galega, en especial dos mozos e
mozas, como fonte de riqueza e como elemento esencial para o crecemento, a competitividade e a modernización do tecido produtivo galego.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 29º, atribúelle á comunidade autónoma, en concordancia co artigo 149º.1.7 da Constitución española, competencia para a execución da lexislación do Estado en materia laboral, asumindo as facultades, funcións e servizos correspondentes a este ámbito.

No título V da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo (BOE do 12 de xullo), dedicado ao fomento e promoción do traballo autónomo, establécese que os poderes públicos adoptarán políticas de fomento do traballo autónomo dirixidas ao establecemento e desenvolvemento de iniciativas económicas e profesionais por conta propia. Na aplicación destas políticas de fomento tenderase ao logro da efectividade da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, e prestarase especial atención
aos colectivos de persoas desfavorecidas, entre as cales as persoas con discapacidade ocupan un lugar preferente.

A Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres en Galicia, establece no seu artigo 31º que, no marco da consideración como colectivo prioritario, as políticas activas de emprego valorarán as circunstancias das mulleres con especiais
dificultades de inserción laboral. Así mesmo, o artigo 38º desta lei establece que o departamento da Administración competente en materia de traballo poderá incluír nas actuacións programadas en relación coa política de emprego destinada a promover a
inserción laboral efectiva das mulleres accións positivas e actuacións de discriminación positiva dirixidas á equiparación de ambos os sexos no emprego por conta propia, e que nas medidas dirixidas ao fomento de empresariado feminino se terán en conta de xeito preferente as mulleres emprendedoras con especiais dificultades de inserción laboral ou en situacións marcadas pola desvantaxe social.

De conformidade co Decreto 168/1984, do 15 de novembro, de asunción de funcións e servizos transferidos, correspóndelle á comunidade autónoma a xestión de calquera tipo de axuda, subvencións e préstamos que realizaba a unidade administradora do Fondo Nacional de Protección ao Traballo, e de acordo co disposto no Decreto 79/2009, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da
Xunta de Galicia, no Decreto 8/2011, do 28 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das Consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 335/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, correspóndelle a esta o exercicio das anteriores competencias e funcións, entre outras materias, no relativo ás políticas activas de emprego.

Consonte o anterior, correspóndelle a esta consellería a regulación específica, a convocatoria, a xestión e o control das axudas e subvencións do Programa de promoción do emprego autónomo regulado na Orde TAS/1622/2007, do 5 de xuño, pola que se regula o Programa de promoción do emprego autónomo, segundo a disposición adicional primeira da citada orde.

Neste contexto de actuación, nesta orde regúlase o Programa de promoción do emprego autónomo e procédese á súa convocatoria para o ano 2011. O programa establecido na normativa estatal mellórase na Comunidade Autónoma de Galicia coa introdución da axuda excepcional para o financiamento dos primeiros gastos da actividade ás persoas desempregadas de colectivos con maiores dificultades de inserción laboral, e coa subvención pola primeira contratación indefinida.

As bases do programa regulado nesta orde establecen un procedemento de concesión que non ten a consideración de concorrencia competitiva, dado que, de acordo coa finalidade e obxecto do programa, non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento, senón que a concesión das axudas se realizará pola comprobación da concorrencia no
solicitante dos requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario, conforme o previsto no Real decreto 357/2006, do 24 de marzo, polo que se regula a concesión directa de determinadas subvencións nos ámbitos do emprego e da formación profesional ocupacional.

O Programa de promoción do emprego autónomo está cofinanciado polo Fondo Social Europeo, nunha porcentaxe do 80 por cento, a través do Programa Operativo do FSE de Galicia 2007-2013, número CCI 2007 ES 051 PO 004, aprobado pola Decisión da Comisión Europea do 18 de decembro de 2007.

Este cofinanciamento do Fondo Social Europeo farase constar nas resolucións de concesión.

Estas axudas están sometidas ao réxime de minimis, nos termos establecidos no Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87º e 88º do tratado CE ás axudas de minimis. Esta circunstancia farase constar expresamente na resolución das solicitudes de subvención.

Consecuentemente con todo o anterior, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, logo do informe da Asesoría Xurídica, da Dirección Xeral de Planificación e Fondos, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e da Intervención Delegada, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,


DISPOÑO:

CAPÍTULO I

FINALIDADE, ÁMBITO, PRINCIPIOS DE XESTIÓN E DEFINICIÓNS

Artigo 1º.-Obxecto e finalidade.

1. Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras do Programa de promoción do emprego autónomo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2011.

A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que, pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores ou traballadoras autónomos/ as ou por conta propia, así como apoiar a consolidación dos seus proxectos empresariais fomentando a creación de emprego mediante a contratación indefinida da súa primeira persoa traballadora desempregada.

Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e as condicións establecidos nela, se formalicen desde o 1 de xullo de 2010 ata o 30 de setembro de 2011, ambos inclusive.

2. As solicitudes, tramitación e concesión das axudas do Programa de promoción do emprego autónomo axustaranse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado
polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; na Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011; no que resulte de aplicación a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no seu Regulamento de desenvolvemento aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo; na Orde TAS/1622/2007, do 5 de xuño, pola que se regula o Programa de promoción do emprego autónomo, e nesta orde.

3. A xestión deste programa realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non-discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Consellería de Traballo e Benestar.

c) Eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.

Artigo 2º.-Persoas beneficiarias.

1. Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas físicas que, cumprindo as condicións establecidas para cada tipo de axuda, reúnan os seguintes requisitos:

a) Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores ou traballadoras autónomos/as ou por conta propia, e que desenvolvan a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia, sempre que:

  • -Sexan titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
  • -Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
  • -Non percibisen subvencións ao abeiro do Programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
  • -Non desenvolvesen como traballadores ou traballadoras autónomos/as a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como traballadores ou traballadorasautónomos/as en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade nos tres meses inmediatamente anteriores.

Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia ao nivel de 3 díxitos da Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE).

b) Poderán acceder á condición de persoas beneficiarias da subvención pola primeira contratación indefinida os traballadores ou traballadoras autónomos/ as ou profesionais xa constituídos que realicen esta contratación durante o seu primeiro ano de actividade
e para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Os traballadores e traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarios/as das axudas deste programa, agás a subvención pola primeira contratación indefinida, cando formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís de nova
creación, sempre que as soliciten a título persoal.

Quedan excluídos deste programa os socios de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades laborais e os autónomos colaboradores.

3. Para os efectos deste programa, entenderase como data de inicio de actividade laboral a da solicitude de alta como autónomo no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

4. Non poderán obter a condición de beneficiarios do programa regulado nesta orde as persoas en que concorran as circunstancias sinaladas no número 2 do artigo 10º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

  • a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
  • b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fixado
    na sentenza de cualificación do concurso.
  • c) Dar lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.
  • d) Estar incursa a persoa física nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
  • e) Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.
  • f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
  • g) Non estar ao día de pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.
  • h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.

5. Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria cando estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46º.2 do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

6. A xustificación por parte das persoas solicitantes de non estar incursas nas prohibicións, contidas nos puntos 4 e 5 anteriores, para obter a condición de beneficiaria realizarase mediante declaración responsable.

7. No suposto de subvencións solicitadas por persoas traballadoras con discapacidade, ademais de cumprir os requisitos anteriores, deberán ter recoñecido pola Administración competente un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.

Artigo 3º.-Definicións.

1. Para os efectos desta orde entenderase por:

I. Persoa desempregada, aquela que figure inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego e que, pola súa vez, careza de ocupación segundo o informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, se é o caso, segundo certificado da mutualidade do colexio profesional, na data da súa solicitude de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou mutualidade
de colexio profesional.

A comprobación da inscrición no Servizo Público de Emprego como demandante de emprego, na data da solicitude de alta na Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional, realizaraa directamente o órgano xestor das axudas, agás que a inscrición fose realizada noutro servizo público de emprego distinto da Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, o órgano xestor comprobará que a persoa solicitante, na data da súa solicitude de alta na Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional, careza de ocupación segundo o informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

II. Persoa con discapacidade, aquela que teña recoñecido pola Administración competente un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. Non obstante, de acordo co disposto no artigo 1º.2 da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non-discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade, en todo caso consideraranse afectados por unha discapacidade igual ou superior ao 33% as persoas pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou grande invalidez e as persoas pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión por xubilación ou de retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade. Nestes supostos, a acreditación do grao de discapacidade realizarase conforme o previsto no Real decreto 1414/2006, do 1 de decembro, polo que se
determina a consideración de persoa con discapacidade para os efectos da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non-discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade (BOE nº 300, do 16 de decembro).

A comprobación da condición de persoa con discapacidade realizaraa directamente o órgano xestor das axudas, agás que fose recoñecida por outra Administración distinta da propia da Comunidade Autónoma de Galicia.

III. Persoas desempregadas de longa duración, aquelas que na data da súa solicitude de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional estivesen sen traballo e teñan acreditado un período de inscrición ininterrompido como desempregadas na oficina de emprego de 180 días se fosen menores de 25 anos ou de 45 ou máis anos de idade e de 360 días se fosen maiores de 25 e menores de 45.

IV. Emigrantes retornados/as, aqueles e aquelas emigrantes que cumpran coa condición de que non transcorresen máis de dous anos entre a data do retorno e a data da súa solicitude de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

V. Traballadores e traballadoras desempregados ou desempregadas procedentes de empresas en crise, aqueles traballadores e traballadoras cuxa relación laboral se extinga por algunha das causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción, ben a
través do procedemento de regulación de emprego establecido nos artigos 51º e 57º bis do Estatuto dos traballadores, ou ben cando a extinción do contrato de traballo sexa polas causas obxectivas recollidas no artigo 52º c) do Estatuto dos traballadores.

VI. Persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego, as que extinguisen por esgotamento a prestación por desemprego de nivel contributivo. No caso de que non tivese dereito á percepción da prestación por desemprego de nivel contributivo,
que esgotase o subsidio de desemprego e, en ambos os dous casos, non desempeñasen ningúntraballo, nin por conta allea nin propia, desde a data do esgotamento.

VII. Inmobilizado material ou intanxible, aquel definido como tal no Real decreto 1514/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o Plan Xeral de Contabilidade, e no Real decreto 1515/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o Plan Xeral de Contabilidade de Pequenas e Medianas Empresas e os criterios contables específicos para microempresas, e incluídos nos subgrupos 20, 21 e 23 do cadro
de contas dos citados plans, excluídos os anticipos. Para os efectos de acreditar o requisito do investimento mínimo, en inmobilizado material ou intanxible e/ou o destino do préstamo, non se terán en conta os investimentos realizados no domicilio particular da persoa solicitante ou dalgunha das persoas comuneiras ou socias da comunidade de bens ou sociedades civís, agás aqueles debidamente acreditados que sexan imprescincibles para o desenvolvemento da actividade empresarial ou profesional, así como os investimentos correspondentes a compravendas entre as persoas comuneiras ou socias.

Así mesmo, no suposto de elementos de transporte soamente se computarán os vehículos comerciais ou industriais que se empreguen no desenvolvemento da actividade empresarial ou profesional, así como os vehículos automóbiles de turismo que sexan empregados nos desprazamentos profesionais polos representantes ou axentes comerciais, polos/as traballadores/ as autónomos/as que se dediquen á venda ambulante ou á venda a domicilio, os empregados na prestación de servizos de transporte de viaxeiros, de ensino de condutores, e os empregados en servizos de vixilancia, ao 100% do seu prezo de adquisición, excluído o imposto sobre o valor engadido.

En ningún caso para a acreditación do inmobilizado material ou intanxible se terán en conta os contratos de arrendamento financeiro nin outras figuras xurídicas afíns que non lle concedan á persoa solicitante o pleno dominio ou titularidade inicial do investimento.

VIII. Concello rural, aquel que teña unha poboación de menos de 20.000 habitantes. Para computar o número de habitantes dos concellos galegos, tomaranse como referencia as cifras de poboación referidas a 1 de xaneiro de 2010, resultantes da revisión
do padrón municipal, publicadas polo Instituto Nacional de Estatística e declaradas oficiais mediante o Real decreto 1612/2010, do 7 de decembro (BOE nº 311, do 23 de decembro).

IX. Comunidade de bens ou sociedade civil de nova creación, aquelas que inicien a actividade empresarial desde a data do 1 de xullo de 2010, segundo a data en que se cause alta no imposto de actividades económicas ou, de ser o caso, desde a data de alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Economía e Facenda.

2. Para os efectos deste programa, terán a consideración de colectivos en risco ou situación de exclusión social os seguintes:

  • a) Persoas perceptoras da renda de integración social de Galicia ou aquelas que non poidan acceder a ela, ben por falta do período exixido de residencia ou empadroamento ou ben por ter esgotado o período máximo de percepción legalmente establecido, ou membros da súa unidade familiar en desemprego.
  • b) Persoas que participen ou participasen en procesos de rehabilitación ou reinserción social de drogodependentes debidamente acreditados ou autorizados.
  • c) Internos e internas de centros penitenciarios cuxa situación penitenciaria lles permita acceder a un emprego, así como liberados/as condicionais ou ex-reclusos/as que non tivesen antes un primeiro emprego fixo remunerado tras un período de privación de liberdade.
  • d) Mulleres procedentes de casas de acollida que presenten problemas adicionais de inserción ou reinserción laboral.
  • e) As persoas que teñan acreditada pola Administración competente a condición de vítima de violencia doméstica por parte dalgún membro da unidade familiar de convivencia.
  • f) Persoas que abandonasen o exercicio da prostitución e se incorporen ao mercado laboral.
  • g) Persoas transexuais ou en proceso de reasignación sexual que se incorporen ao mercado laboral.
  • h) Menores internos incluídos/as no ámbito de aplicación da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, cuxa situación lles permita acceder a un emprego, así como os que estean en situación de liberdade vixiada e os ex-reclusos e ex-reclusas.
  • i) Mozos e mozas que estean ou estivesen ata a súa maioría de idade baixo a tutela ou garda da Administración autonómica.
  • j) Traballadores e traballadoras inmigrantes que pasen a ser residentes da comunidade cuxas características condicionen a súa integración social.
  • k) Emigrantes retornados/as con graves necesidades persoais ou familiares.
  • l) Persoas que formen parte de colectivos ou minorías cuxas características poidan condicionar as súas posibilidades de integración social.

 

CAPÍTULO II

TIPOS DE AXUDA

Artigo 4º.-Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia.

1. Poderáselles conceder ás persoas desempregadas, co obxecto de facilitarlles ingresos durante o inicio da actividade e posta en marcha da iniciativa empresarial ou profesional, unha subvención polo seu establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia, sempre que se acredite un investimento en inmobilizado material ou intanxible necesario para o desenvolvemento da
actividade por unha contía non inferior a 3.000 euros sen incluír o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, e se realice no período comprendido entre os tres meses anteriores ao inicio de actividade e os seis meses posteriores ao dito inicio.

No caso de comunidades de bens e sociedades civís, para a acreditación do requisito do investimento mínimo de 3.000 euros realizado por cada persoa comuneira ou socia solicitante da subvención terase en conta a súa porcentaxe de participación na comunidade de bens ou sociedade civil.

2. As contías desta subvención serán as seguintes:

  • A. 5.000 euros para desempregados en xeral.
  • B. 6.000 euros para mozos/as desempregados/as
  • de 30 ou menos anos.
  • C. 7.000 euros para mulleres desempregadas.
  • D. 7.500 euros para emigrantes retornados/as, traballadoresou traballadoras procedentes de empresas en crise, persoas desempregadas de longa duración e persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego.
  • E. 8.000 euros para desempregados con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
  • F. 10.000 euros para mulleres desempregadas con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.

No suposto de que as características da persoa desempregada dean lugar á súa inclusión en máis dun colectivo, só será posible aplicar a contía da subvención respecto dun deles, correspondendo a opción á persoa solicitante. En caso de non exercer esta opción, entenderase solicitada polo colectivo coa contía superior que quede acreditado na documentación achegada coa solicitude, e no caso de que da documentación achegada inicialmente xunto coa solicitude non quede acreditada a pertenza a ningún colectivo, entenderase solicitada polo colectivo A deste punto.

3. O prazo de presentación de solicitudes de subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia será dun mes desde a data da solicitude de alta na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, respectando, en todo caso, o prazo xeral establecido no artigo 11º.2 desta orde, aínda que non transcorrese o mes anteriormente citado.

Artigo 5º.-Subvención financeira.

1. A subvención financeira ten por finalidade facilitar a creación do seu propio posto de traballo mediante a redución de xuros de préstamos necesarios para a súa constitución como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia, tendo en conta que, como mínimo, o 75% do préstamo se deberá destinar a financiar investimentos en inmobilizado material ou intanxible. Este investimento
deberase realizar no período comprendido entre os tres meses anteriores ao inicio de actividade e os seis meses posteriores a dito inicio. En todo caso, a persoa beneficiaria debe acreditar un investimento en inmobilizado material ou intanxible por unha contía non inferior a 3.000 euros sen incluír o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles
de recuperación ou compensación.

Non se admitirá, para os efectos da súa xustificación, a adquisición de bens usados con cargo ao préstamo obxecto da axuda, agás no suposto de traspaso de negocios. No suposto das empresas que realicen por conta allea operacións de transporte por estrada, non se poderá conceder esta subvención para a adquisición de vehículos de transporte de mercadorías por estrada.

Os préstamos, para seren subvencionables, deberán ser concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Traballo e Benestar, e deberanse formalizar entre os tres meses anteriores ao inicio da actividade e o 30 de setembro de 2011 ou, de ser o caso, no prazo específico establecido na resolución de concesión.

No caso de comunidades de bens e sociedades civís, para a acreditación do requisito do investimento mínimo de 3.000 euros realizado por cada persoa comuneira ou socia solicitante da subvención terase en conta a súa porcentaxe de participación na comunidade de bens ou sociedade civil.

Esta subvención, pagadoira dunha soa vez, será equivalente á redución de ata catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo, calculada sobre os oito primeiros anos de vixencia destes. A contía calcularase como se a subvención
se xerase cada ano de duración do préstamo, incluído o posible período de carencia. O tipo de xuro poderá ser fixo ou variable, tomándose como referencia para o cálculo da subvención o tipo de xuro vixente na data da resolución da subvención, ou o vixente na data da sinatura do contrato do préstamo se esta é anterior.

O beneficiario/a, no prazo de trinta (30) días desde a data en que teña coñecemento do pagamento efectivo da subvención, ten que presentar certificación expedida pola entidade financeira, acreditativa da amortización do principal do préstamo na contía subvencionada.

No caso de microcréditos concedidos polo Instituto de Crédito Oficial ou por outras entidades de crédito a persoas desempregadas incluídas nas letras D, E e F do punto 2 deste artigo, a subvención poderá ser o custo total dos gastos financeiros, cos límites máximos sinalados no número seguinte.

2. A subvención financeira terá como límite máximo as contías seguintes:

  • A. 5.000 euros para desempregados en xeral .
  • B. 6.000 euros para mozos/as desempregados/as de 30 ou menos anos.
  • C. 7.000 euros para mulleres desempregadas.
  • D. 7.500 euros para emigrantes retornados/as, traballadores ou traballadoras procedentes de empresas en crise, persoas desempregadas de longa duración e persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego.
  • E. 8.000 euros para desempregados con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
  • F. 10.000 euros para mulleres desempregadas con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.

No suposto de que as características da persoa desempregada dean lugar á súa inclusión en máis dun colectivo, só será posible aplicar a contía da subvención respecto dun deles, correspondendo a opción á persoa solicitante. En caso de non exercer esta opción, entenderase solicitada polo colectivo coa contía superior que quede acreditado na documentación achegada coa solicitude, e no caso de que da documentación achegada inicialmente xunto coa solicitude non quede acreditada a pertenza a ningún colectivo, entenderase solicitada polo colectivo A deste punto.

3. A solicitude da subvención financeira deberase presentar no mes seguinte á data da solicitude de alta na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, respectando, en todo caso, o prazo xeral establecido no artigo 11º.2 desta orde, aínda que non transcorrese o mes anteriormente citado.


Artigo 6º.-Subvención para asistencia técnica.

1. O obxecto desta subvención é o financiamento parcial da contratación durante a posta en marcha da empresa dos servizos externos necesarios para mellorar o desenvolvemento da actividade empresarial, así como para a realización de estudos de viabilidade, organización, comercialización, diagnose ou outros de natureza análoga.

Deberase acreditar na solicitude a necesidade desta asistencia. Non se considerarán necesarios os servizos externos que consistan no asesoramento e tramitación das axudas nin os servizos periódicos e recorrentes na xestión empresarial.

2. Os servizos de asistencia técnica deberán ser prestados:

-Polas asociacións de traballadores e traballadoras aútonomas con carácter intersectorial e con suficiente implantación no ámbito territorial de Galicia.
-Por outras persoas xurídicas ou persoas físicas especializadas que reúnan garantías de solvenciaprofesional.

3. A contía desta subvención será do 75% do custo dos servizos prestados, ata un máximo de 1.000 euros.

4. Esta subvención concederase por unha única vez, aínda que serán subvencionables todos os servizos de asistencia técnica que recibise e contrate a persoa beneficiaria e se iniciasen e desenvolvesen integramente nos tres meses anteriores e nos seis meses seguintes ao inicio da actividade e sempre que sexan efectivamente xustificados, mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do pagamento destas, con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión ou, de ser o caso, ata o 31 de outubro de 2011.

5. A subvención para asistencia técnica deberase presentar no mes seguinte á data da solicitude de alta na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, respectando, en todo caso, o prazo xeral establecido no artigo 11º.2 desta orde, aínda que non transcorrese o mes anteriormente citado.

Artigo 7º.-Subvención para formación.

1. O obxecto desta subvención é o financiamento parcial de cursos relacionados coa dirección e xestión empresarial e novas tecnoloxías da información e comunicación, co fin de cubrir as necesidades de formación do traballador ou traballadora autónoma durante a posta en marcha da empresa.

2. Esta formación deberá ser prestada:

-Polas asociacións de traballadores e traballadoras aútonomas con carácter intersectorial e con suficiente implantación no ámbito territorial de Galicia.
-Por outras persoas xurídicas ou persoas físicas especializadas que reúnan garantías de solvencia profesional.

3. A contía desta subvención será do 75% do custo dos cursos recibidos, ata un máximo de 3.000 euros.

4. A subvención para formación concederase por unha única vez, ben que serán subvencionables todas as accións de formación que recibise a persoa beneficiaria e se desenvolvesen integramente nos tres meses anteriores e nos seis meses seguintes ao inicio da actividade e sempre que sexan efectivamente xustificados, mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión ou, de ser o caso, ata o 31 de outubro de 2011.

5. A subvención para formación deberase presentar no mes seguinte á data da solicitude de alta na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, respectando, en todo caso, o prazo xeral establecido no artigo 11º.2 desta orde, aínda que non transcorrese o mes anteriormente citado.

Artigo 8º.-Axuda excepcional.

1. Poderáselles conceder unha axuda para o financiamento dos primeiros gastos da actividade ás persoas desempregadas dos colectivos relacionados nos seguintes puntos deste artigo, sempre que cumpran os requisitos para ser beneficiarias deste programa, de acordo co previsto no artigo 2º desta orde.

A través desta axuda, serán subvencionables os gastos pola compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, gastos de constitución, publicidade, arrendamento de local, de maquinaria e de equipamentos informáticos e seguros do local, excluído o imposto sobre o valor engadido ou, se for o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, realizados nos tres meses anteriores e nos seis meses seguintes ao inicio da actividade e sempre que sexan efectivamente xustificados, mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión ou, de ser o caso, ata o 31 de outubro de 2011.

Non serán subvencionables os gastos referidos aos domicilios particulares da persoa solicitante ou dalgunha das persoas comuneiras ou socias da comunidade de bens ou sociedade civil, e os gastos correspondentes a compravendas entre as persoas comuneiras ou socias.

2. A contía máxima desta subvención será de 2.000 euros para os seguintes colectivos:

  • A. Mozos/as desempregados/as de 30 ou menos anos.
  • B. Mulleres desempregadas.
  • C. Persoas desempregadas de 45 ou máis anos de idade.
  • D. Persoas traballadoras demandantes do primeiro emprego.
  • E. Persoas desempregadas que rematen o seu itinerario personalizado de inserción nunha ocupación directamente relacionada no seu contido coa actividade empresarial.
  • F. Persoas traballadoras autónomas e profesionais cando a actividade empresarial ou profesional teña o seu domicilio fiscal nun concello rural.

3. Os traballadores ou traballadoras autónomos/as e profesionais incluídos/as no punto anterior, agás na letra F, cuxa actividade empresarial ou profesional teña o seu domicilio fiscal nun concello rural, terán un incremento na contía máxima desta subvención
de ata 1.000 euros.

4. A contía máxima desta subvención será de 3.600 euros para os seguintes colectivos:

  • A. Persoas desempregadas de longa duración e/ou persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego.
  • B. Persoas desempregadas pertencentes a algún colectivo en risco ou situación de exclusión social.
  • C. Persoas con discapacidade.

5. No suposto de que as características da persoa desempregada dean lugar á súa inclusión en máis dun colectivo, só será posible aplicar a contía da subvención respecto dun deles, correspondendo a opción á persoa solicitante. En caso de non exercer esta opción, entenderase solicitada polo colectivo coa contía superior que quede acreditado na documentación do expediente.

6. O prazo de presentación de solicitudes da axuda excepcional será dun mes desde a data da solicitude de alta na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, respectando, en todo caso, o prazo xeral establecido no artigo 11º.2 desta orde, aínda que non transcorrese o mes anteriormente citado.


Artigo 9º.-Subvención pola primeira contratación indefinida.

1. Poderáselles conceder aos traballadores e traballadoras autónomas unha subvención pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido, coa finalidade de apoiar a consolidación dos seus proxectos empresariais ou profesionais, fomentar a súa capacidade de creación de emprego e favorecer a inserción laboral de persoas desempregadas, sempre que realicen esta contratación indefinida durante o primeiro ano de actividade, desde a data de inicio que conste na declaración de alta no censo de obrigados tributarios, para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Poderá ser obxecto desta subvención a contratación indefinida inicial que se realice cunha persoa traballadora desempregada e inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego no momento da súa contratación, ou a transformación dun contrato temporal en indefinido. A contratación ou transformación deberá ter data de inicio comprendida entre o 1 de xullo de 2010 e o 30 de setembro de 2011, ambas as datas incluídas.

Sempre que se reúnan os requisitos e demais condicións exixidos neste orde e poidan ter a consideración de persoas asalariadas, esta subvención tamén poderá ser de aplicación cando se contrate como traballador/a por conta allea a un familiar.

A contratación indefinida poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo. Cando se trate de contratación a tempo parcial, a contía da subvención será proporcional ao tempo efectivo de traballo, en función da xornada establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria legal.

O contrato indefinido ou a transformación do contrato temporal en indefinido para que poida ser obxecto de subvención deberá formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

Exclúense desta subvención:

  • a) As relacións laborais de carácter especial previstas no artigo 2º.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores ou noutras disposicións legais e disposicións complementarias.
  • b) Traballadores e traballadoras que finalizasen a súa relación laboral de carácter indefinido nun prazo de 3 meses previos á formalización do contrato polo que se solicita a subvención.

3. A contía desta subvención será a seguinte:

  • A. 4.000 euros pola contratación indefinida dunha persoa desempregada en xeral.
  • B. 5.000 euros pola contratación indefinida dun mozo desempregado de 30 ou menos anos.
  • C. 5.000 euros pola contratación indefinida dunha muller desempregada.
  • D. 5.600 euros pola contratación indefinida dunha moza desempregada de 30 ou menos anos.
  • E. 6.000 euros pola contratación dunha persoa desempregada que esgotase a prestación por desemprego, unha persoa desempregada de longa duración, unha persoa desempregada emigrante retornada, unha persoa desempregada con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
  • F. 2.000 euros pola transformación dun contrato temporal en indefinido. Esta contía será de 2.500 euros se o traballador é un mozo de 30 ou menos anos de idade e de 3.000 euros se é unha muller.

En ningún caso a contía desta subvención poderá superar a contía equivalente ao 60% dos custos salariais totais de dúas anualidades da persoa traballadora contratada.

4. Entenderase que a persoa solicitante desiste da súa solicitude cando o traballador ou a traballadora pola que se solicita subvención cause baixa na empresa solicitante con data anterior á da resolución da concesión da axuda. A persoa solicitante está obrigada a comunicar esta situación ao órgano ante o cal solicitou a axuda nos dez días seguintes ao da data da baixa.

5. O prazo de presentación de solicitudes da subvención pola primeira contratación indefinida será dun mes desde a data de alta en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido, respectando, en todo caso, o prazo xeral establecido no artigo 11º.2 desta orde, aínda que non transcorrese o mes anteriormente citado.


CAPÍTULO III

COMPETENCIA E PROCEDEMENTO

Artigo 10º.-Competencia.

A competencia para coñecer e resolver as solicitudes de axudas e subvencións previstas nesta orde, por delegación da persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar, corresponderalles ás persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, no respectivo ámbito provincial onde a persoa solicitante desenvolva a súa actividade empresarial ou profesional, segundo consta na
alta do imposto de actividades económicas ou alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Economía e Facenda. Cando a actividade se desenvolva en máis dunha provincia desta comunidade autónoma, será competencia da persoa titular da xefatura
territorial da Consellería de Traballo e Benestar da provincia en que a persoa solicitante se dea de alta na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

No suposto da subvención pola contratación indefinida da primeira persoa traballadora a competencia para coñecer e resolver as solicitudes, por delegación da persoa titular da Consellería de Traballo e Benestar, corresponderalles ás persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar da provincia en que estea radicado o centro de traballo en que preste servizos a persoa traballadora pola que se solicita a subvención.

Artigo 11º.-Solicitudes e prazo.

1. As solicitudes de axudas e subvencións dirixiranse ao órgano competente para resolver e presentaranse nos rexistros das respectivas xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, ou por calquera das formas previstas no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. O prazo xeral para a presentación de solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo finalizará o 30 de setembro de 2011, aínda que non transcorresen os prazos específicos previstos para cada tipo de axuda.

Nos prazos específicos para a presentación das solicitudes de axudas, establecidos nos artigos 4º.3, 5º.3, 6º.5, 7º.5 e 8º.6 desta orde, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da solicitude de alta na Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional. No prazo específico para a presentación das solicitudes de axudas establecido no artigo 9º.5 desta orde, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da alta na Seguridade Social ou da transformación do contrato temporal en indefinido.

Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

3. As actuacións subvencionables ao abeiro do programa para a promoción do emprego autónomo regulado nesta orde, realizadas entre o 1 de xullo do ano 2010 e a data da súa publicación, poderán acollerse ás axudas desta, aínda que transcorrese o prazo establecido desde a solicitude de alta na Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional.

O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 29 de abril de 2011.

4. As solicitudes e os anexos deste programa están dispoñibles na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar http://traballo.xunta.es Para cubrir as solicitudes de subvención poderá empregarse a aplicación informática de axuda facilitada pola Consellería de Traballo e Benestar na súa páxina web, na apígrafe de axudas e subvencións.

5. Para a presentación de solicitudes os beneficiarios poderán contar co asesoramento dos axentes de emprego e desenvolvemento local da rede coordinada pola Consellería de Traballo e Benestar.


Artigo 12º.-Autorizacións.

1. A presentación da solicitude de subvención pola persoa interesada comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deba emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Non obstante, a persoa solicitante poderá denegar expresamente o consentimento. Daquela deberá entregar coa solicitude a certificación de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma.

2. Mediante a presentación da solicitude de subvención a persoa interesada dá expresamente o seu consentimento á Consellería de Traballo e Benestar para incluír e facer públicos os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, nos rexistros públicos de axudas, subvencións e convenios e de sancións administrativas, regulados no Decreto 132/2006, do
27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44º e 45º da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006 (DOG nº 153, do 9 de agosto). Os dereitos de acceso, rectificación, consulta, cancelación e oposición de datos de carácter persoal exerceranse ante o CIXTEC como responsable dos ficheiros con domicilio na rúa Domingo Fontán 9, 15702 Santiago de Compostela, de conformidade coas prescricións da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

3. Coa presentación da solicitude de subvención a persoa solicitante autoriza expresamente a Consellería de Traballo e Benestar para que, de acordo co establecido nos puntos 3 e 4 do artigo 13º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, publique as subvencións concedidas ao abeiro desta orde no Diario Oficial de Galicia con expresión da
convocatoria, o programa e crédito orzamentario con que se imputan, a persoa beneficiaria, a contía concedida e a finalidade da subvención, e na páxina web oficial da Consellería de Traballo e Benestar.

4. Coa presentación da solicitude de subvención, mediante o anexo V desta orde, a persoa interesada autoriza expresamente a Consellería de Traballo e Benestar, de conformidade co establecido no artigo 2º do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e na orde
da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a consulta dos seus datos no Sistema de Verificación de Datos de Identidade. En caso de non prestar a autorización, deberá presentar a fotocopia do documento acreditativo da identidade da persoa solicitante.

5. En cumprimento do disposto no artigo 5º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais recollidos na súa solicitude se incorporarán ao ficheiro de Axudas de promoción do emprego para o seu tratamento coa finalidade da xestión, avaliación, seguimento e estatística deste programa. A presentación da solicitude supón a
cesión de datos persoais á Consellería de Traballo e Benestar por parte da persoa solicitante, polo que esta é responsable de informar o traballador/a sobre a existencia e finalidade da cesión así como da obtención do seu consentimento. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei pódense exercer dirixindo un escrito á Dirección Xeral de Promoción do Emprego, como responsable do ficheiro, no enderezo: edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña, ou no seguinte enderezo electrónico: lopd.traballo@xunta.es


Artigo 13º.-Documentación.

As solicitudes deberanse presentar nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos a esta orde, e deberán ir  acompañadas do orixinal, copia compulsada ou copia cotexada da seguinte documentación:

1. Documentación común:

  • a) DNI ou NIE da persoa solicitante en caso de non prestar a autorización, no modelo anexo V desta orde, á Consellería de Traballo e Benestar para a consulta dos seus datos no Sistema de Verificación de Datos de Identidade.
  • No caso dunha comunidade de bens ou sociedade civil, escritura de constitución e CIF da entidade.
  • b) Anexo III asinado no cal se indicará a subvención ou subvencións que se solicitan e o colectivo polo cal se opta.
  • c) Documentación acreditativa da pertenza ao colectivo polo cal se opta.
  • d) De ser o caso, certificado do colexio profesional de alta no dito colexio, con indicación de se presupón ou non exercicio da actividade e certificado da mutualidade do colexio profesional con indicación dos períodos de alta nela.
  • e) Alta no imposto de actividades económicas ou, se é o caso, alta no censo de obrigados tributarios no Ministerio de Economía e Facenda (modelo 036).
  • f) Documentos de solicitude e resolución de recoñecemento de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou, de ser o caso, en colexio profesional e mutualidade que corresponda.
  • g) Memoria económica do proxecto empresarial, asinada pola persoa solicitante, que inclúa o orzamento de investimento e o plan de financiamento que acredite a viabilidade do proxecto, segundo o modelo do anexo IV, ou aqueloutra que, respectando o seu contido mínimo, queira presentar a persoa solicitante.
    Esta memoria deberá incluír unha listaxe asinada, unha para cada axuda solicitada, coa relación dos investimentos, indicando o importe de cada un, a suma total, a referencia e a descrición das facturas en firme ou pro forma, orzamentos e demais documentos xustificativos do investimento realizado ou que se vai realizar e da axuda solicitada, segundo o modelo incluído na memoria económica do proxecto empresarial (anexo IV desta orde).
    A memoria e a listaxe da relación xustificativa dos investimentos non será necesario presentalas se soamente se solicita a subvención pola primeira contratación indefinida.
  • h) Declaración comprensiva do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade, polas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, así como das axudas concedidas en réxime de minimis, ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (segundo o modelo do anexo VI).
  • i) Ficha de solicitude de transferencia bancaria e certificación da entidade financeira acreditativa de que o solicitante é titular da conta (segundo o modelo do anexo VII).
  • j) Documentación acreditativa de se encontraren ao día das súas obrigas tributarias -estatais e autonómicas- e coa Seguridade Social e de que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da comunidade autónoma, unicamente no suposto de que o solicitante denegase expresamente a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.
  • k) Declaración responsable, entre outros extremos, de non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario previstas no artigo 10º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e autorizacións, asinada pola persoa solicitante (segundo o modelo do anexo V).

2. Documentación específica:

a) Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia:

  • -Facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento ou, no seu defecto, facturas pro forma ou orzamentos expedidos polos provedores e acredores dos activos que se vaian ter en conta para acreditar o requisito do investimento en inmobilizado material ou intanxible que se vaia realizar.
  • -No suposto de adquisición de vehículos comerciais ou industriais, tarxeta de ITV.

b) Subvención financeira:

  • -O compromiso da entidade financeira sobre a concesión do préstamo, en que figuren as súas características e se faga constar que a operación se acolle ao convenio subscrito para tal fin (segundo o modelo do anexo VIII) ou, de ser o caso, o contrato de préstamo xa formalizado.
  • -Facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento ou, no seu defecto, facturas pro forma ou orzamentos expedidos polos provedores e acredores dos activos que se vaian ter en conta para acreditar o requisito do investimento en inmobilizado material ou intanxible que se vaia realizar e o destino do préstamo.
  • -No suposto de adquisición de vehículos comerciais ou industriais, tarxeta de ITV.

c) Subvención para asistencia técnica:

  • -Memoria descritiva da medida de asistencia solicitada na cal consten, entre outros, a xustificación da súa necesidade para o desenvolvemento da actividade empresarial e o orzamento, desagregado por conceptos, dos servizos desenvolvidos ou por desenvolver.
  • -Documento acreditativo da contratación do servizono cal conste o seu importe ou, se é o caso, facturas pro forma ou orzamento expedido pola persoa ou entidade que vai prestar o servizo de apoio.
  • -Documentación acreditativa da solvencia profesional e especialización da persoa física ou xurídica que prestou ou vai prestar o servizo de apoio.
  • -Facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario do pagamento dos servizos prestados na data da solicitude.

d) Subvención para formación:

Descargar documento completo

Volver al Listado de Noticias