A Federación Galega de Comercio pide control das vendas en promoción realizadas polas grandes superficies neste mes anterior

A Federación Galega de Comercio pide control das vendas en promoción realizadas polas grandes superficies neste mes anterior

04/07/2011

As vendas promocionais que están a realizar actualmente este tipo de establecementos deixarían para eles moi limitadas as posiblidades de realizar rebaixas durante a campaña que está a comenzar, segundo a regulación que a Lei 13/2010, do 17 de decembro, do Comercio Interior de Galicia, fai das vendas con desconto e as vendas en rebaixas. Esta lei establece que “os productos obxecto de venda en rebaixas non poderán ter sido obxecto de ninguna actividade promocional de vendas no transcurso do mes que preceda á data de inicio das rebaixas”.


Deste xeito, campañas como a que actualmente está a realizar unha destas grandes áreas en colaboración cunha cadena de gasolineiras, derivaría na imposibilidade  de realizar rebaixas nesta temporada de verán (1 de xullo – 30 de setembro) de todos aqueles productos que foran obxecto desta práctica promocional. Esta gran área só podería realizar rebaixas sobre aqueles productos/artigos que non participasen nesta ou outras promocións no mes anterior ó de inicio das rebaixas, e no caso dalgún dos establecementos do grupo, non poderían anunciar nin realizar ningún tipo de rebaixas. De facelo, consideraríase unha falta moi grave, que podería incurrir nunha sanción de arredor de 600.000 euros.


A Federación Galega de Comercio solicita á Consellería de Economía e Industria que interveña, vixíe e poña freo a este tipo de prácticas ilegais e abusivas por parte das grandes superficies que tanto perxudican aos pequenos comerciantes que cumpren debidamente coa normativa vixente.  

Volver al Listado de Noticias