A FEDERACIÓN GALEGA DE COMERCIO APLAUDE O DECRETO PARA RACIONALIZAR A IMPLANTACIÓN DE NOVAS GRANDES SUPERFICIES

A FEDERACIÓN GALEGA DE COMERCIO APLAUDE O DECRETO PARA RACIONALIZAR A IMPLANTACIÓN DE NOVAS GRANDES SUPERFICIES

17/08/2011

Esta norma, presentada onte polo Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, en desenvolvemento da nova Lei de Comercio Interior de Galicia, supón un paso máis de cara a racionalizar a implantación deste tipo de formatos comerciais e preservar o equilibrio co comercio minorista galego.

A Federación Galega de Comercio considera importante que por fin se recoñeza o crecemento desmesurado das grandes superficies na nosa Comunidade Autónoma durante os últimos anos e se tomen medidas para frear a súa implantación e protexer ao pequeno comercio, máis aínda no momento de crise que está a atravesar e que se traduciu nese tempo no peche de arredor de 6.000 establecementos.

Volver al Listado de Noticias