A FGC PIDE CONTROL DAS VENDAS REALIZADAS POLAS GRANDES SUPERFICIES NO MES ANTERIOR ÁS REBAIXAS

A FGC PIDE CONTROL DAS VENDAS REALIZADAS POLAS GRANDES SUPERFICIES NO MES ANTERIOR ÁS REBAIXAS

17/08/2011

s vendas promocionais que están a realizar actualmente este tipo de establecementos deixarían para eles moi limitadas as posiblidades de realizar rebaixas durante a campaña que está a comenzar, segundo a regulación que a Lei 13/2010, do 17 de decembro, do Comercio Interior de Galicia, fai das vendas con desconto e as vendas en rebaixas. Esta lei establece que “os produtos obxecto de venda en rebaixas non poderán ter sido obxecto de ningunha actividade promocional de vendas no transcurso do mes que preceda á data de inicio das rebaixas”.

Deste xeito, campañas como a que actualmente está a realizar unha destas grandes áreas en colaboración cunha cadea de gasolineiras, derivaría na imposibilidade de realizar rebaixas nesta temporada de verán (1 de xullo – 30 de setembro) de todos aqueles produtos que foran obxecto desta práctica promocional. Esta gran área só podería realizar rebaixas sobre aqueles produtos/artigos que non participasen nesta ou outras promocións no mes anterior ó de inicio das rebaixas, e no caso dalgún dos establecementos do grupo, non poderían anunciar nin realizar ningún tipo de rebaixas. De facelo, consideraríase unha falta moi grave, que podería incorrer nunha sanción de arredor de 600.000 euros.

A Federación Galega de Comercio solicita á Consellería de Economía e Industria que interveña, vixíe e poña freo a este tipo de prácticas ilegais e abusivas por parte das grandes superficies que tanto prexudican aos pequenos comerciantes que cumpren debidamente coa normativa vixente.

Volver al Listado de Noticias