Homenaje a la Librería Couceiro

Homenaje a la Librería Couceiro

11/01/2013

A Coruña, 11 de xaneiro de 2013
Xunta de Galicia, Gabinete de Comunicación da Delegación da Coruña

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, resaltou esta mañá a labor desenvolvida polos centros comerciais abertos (CCA) como “elemento fundamental” para dinamizar o comercio nos distintos barrios da cidade da Coruña e, en consecuencia, contribuir á reactivación económica da localidade.

Acompañada pola subdirectora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e o presidente da Federación Provincial de Comerciantes, Miguel Agromayor, Do Campo participou esta mar na entrega de dous diplomas conmemorativos aos establecementos máis lonxevos de centros comerciais abertos Distrito Mallos e Obelisco, entidades ás que estivo dedicada nos últimos días a campaña “A semana do teu comercio: unha semana, un comercio, unh historia”, posta en marcha pola Consellería de Economía e Industria para realzar o papel das asociacións comerciais.

Por unha banda, recoñeceuse a traxectoria da Librería Couceiro, no CCA Distrito Mallos que iniciou a súa andaina fai máis de 50 anos da man de Manuel Couceiro e Consolo López e que neste momento conta con tres tendas na Coruña que achegan aos cidadáns as últimas novidades literarias. Por outro lado, tamén se homenaxeou á Xoiaría Amor, u negocio fundado por Manuel Amor e con máis dun século de experiencia. “A Librería Couceiro e a Xoiaría Amor son dous claros exemplos de saber adaptarse aos tempos e acadar a pervivencia a través da proximidade ao cliente e a calidade do servizo”, expresou representante do Goberno galego na provincia.

A historia destes dous locais, recordou a delegada territorial, plásmase nunha bitácora que se pode consultar a través do Portal do Comerciante, no enderezo http://portaldocomerciante.xunta.es, a web que o Goberno galego dedica ao pequeno comercio.

Compromiso co comercio de proximidade

Economía e Industria comezou deste xeito na Coruña a campaña “A semana do teu comercio”, que cada unha das 52 semanas do ano 2013 estará dedicada a un dos 52 centros comerciais abertos existentes neste momento en Galicia. “Desta forma, o Executivo autonómico reitera o seu compromiso co comercio de proximidade galego, ao entender que supón un piar básico no progreso económico das nosas vilas e cidades”, comentou Do Campo.

Como mostra deste respaldo, a consellería ven de aprobar unha liña de axudas por preto de dous millóns de euros para toda Galicia, dos que case 700.000 euros irán destinados aos 14 CCA coruñeses. A través deste programa, apóiase a labor dos centros comerciais abertos, impulsando o desenvolvemento de sistemas de fidelización para promover as vendas directas e atraer aos consumidores, a sinalización comercial ou á posta en funcionamento de centrais de compras e servizos. Incentivaranse, así, proxectos que supoñan un investimento de ata 57.000 euros, cunha porcentaxe de axudas que pode chegar ao 80% en función da densidade do centro.

Volver al Listado de Noticias