Librerías Couceiro: do pequeno quiosco á inundación máxica das palabras.

Librerías Couceiro: do pequeno quiosco á inundación máxica das palabras.

11/01/2013

 En 1990, inaugurouse o segundo dos seus establecementos, situado en Rolda do Outeiro 132, tamén no Distrito Mallos. Este local conta con 200 metros cadradtos repartidos en dúas plantas, nas que se pode encontrar todo tipo de libros, dende literatura infantil ata áreas específicas de coñecemento: dereito, informática, empresas, económicas, etc. Xunto coas últimas novidades editoriais.

En 1998 continúan coa súa liña de expansión, decidindo abrir as portas dun novo espazo dedicado as palabras, esta vez na zona das Conchiñas (Rolda de Outeiro 248). Ao igual que os anteriores, segue sendo unha libraría cun amplo fondo xeral, que dispón de todas as áreas de coñecemento e das novidades editoriais do momento.

Así mesmo, contan coa presenza na rede a través da súa páxina web www.couceirolibrerias.com

Na actualidade, seguen á fronte dos seus negocios coa axuda das súas fillas Begoña e Sandra.

O desexo das Librerías Couceiro radica en dar un servizo de calidade aos seus clientes, esforzándose día tras día en dispoñer de todas as novidades do mercado, e en conseguir calquera libro que o cliente solicite.

Volver al Listado de Noticias